jueves, 29 de marzo de 2012

Necesidad de crear un blog profesional

Tendo en conta o artigo publicado no blog de TotemGuard, os 8 motivos para crear un blog son:

1.- Reflexionar a posteriori sobre a evolución do teu traballo e pensamento.
2.- Progresar en competencias TIC.
3.- Comunicar con outros profesionais da educación.
4.- Conectar cos alumnos e/ou pais.
5.- Mellorar a presentación oral e escrita
6.- Desenvolver o teu lado máis creativo
7.- Expandir as túas oportunidades profesionais.
8.- Cambiar a imaxe pública do docente



Os orientadores escolares debemos ter en conta estos motivos para crear un blog de orientación no noso centro educativo.

Artículo publicado en Clave21


Mª Carmen Delgado Lendínez no artigo publicado na revista Clave 21 respecto ao Blog como ferramenta de Orientación, destaca a importancia das TIC no mundo da educación e a importancia de que nós como orientadores aproveitemos as ferramentas que nos poden axudar a chegar ao noso alumnado e as súas familias.
Vale a pena o esforzo en aprender a utilizalas, xa que na Internet podemos atopar multitude de recursos que fagan máis doado o noso labor orientador nos centros.

O blog creado por Mª Carmen Delgado (OrientaGades) creouse a finais de 2005 ca pretensión de aproveitar os recursos que a Internet ofrecía para o traballo dos orientadores/as

O principal obxectivo do Blog é incorporar as TIC ao labor orientador, convertíndose nun instrumento para o desenvolvemento da competencia dixital e do tratamento da información.

Os obxectivos do Blog serían: proporcionar ferramentas e información relevante para a toma de decisións vocacionais, tanto ao alumnado como á familia; recompilar recursos, webs, ferramentas para a formación, materiais... relacionados coa orientación e co mundo da educación en xeral; proporcionar ao profesorado materiais de utilidade para a acción titorial: técnicas de estudo, titorías interactivas, guías sobre ciberbullying, redes sociais, anorexia, materiais das probas de diagnóstico, educación en valores, para a convivencia...

Entre as ventaxas do blog podemos destacar: poder resover dúbidas puntuais sen necesidade de concertar unha entrevista e a actualización constante da información.

Como conclusión persoal deste artigo,  recoñecer o labor doutros orientadores e as aportacións que dende o departamento de orientación podemos facer a toda a comunidade educativa: alumnado, familias, profesorado...

O blog como ferramenta na Orientación Educativa


O artigo de Daniel Veiga Martínez “O Blog como ferramenta na Orientación Educativa”
da a coñecer a experiencia educativa “Orientarse con internet” e o uso do Blog de orientación como Guía de Información Académica e Profesional.
As ventaxas do blog no ámbito educativo son variadas, destacando que é un sistema sinxelo, rápido e sen custo para publicar en internet; as persoas que visitan o blog poden participar, sendo un recurso interactivo; pódese usar a sindicación de contidos (rss) doutros blogs; é un sistema de almacenamento e organización da información.

O blog educativo presenta aportancións pedagóxicas: posibilita e potencia a alfabetización dixital do alumnado; aporta motivación ás aprendizaxes de lectura e escritura; o alumno/a é o protagonista do seu blog; iniciamos ao alumnado nas aprendizaxes específicas para organizar, compartir e traballar coa información; por último, o blog reflicte as actividades de aprendizaxe realizadas.

En definitiva, o blog pode ser un espacio de aprendizaxe (VEIGA, 2006)

 Coa lectura deste artigo podemos destacar a importancia de que o alumnado cree o seu propio blog educativo.